top of page
focos.gif
focos.gif

A biblioteca do CEIP de Refoxos

 

   Benvidas e benvidos á nosa biblioteca, agardamoste con moita ilusión para que poidas desfrutar das  novas instalacións e recursos que poñemos á túa disposición, este é o teu lugar de traballo, aquí vos agardamos para poder crear novas experiencias que fagan voar a imaxinación.

Recibimosvos cos brazos abertos de par en par para convertir neste espazo nun lugar de interese para o alumnado e as familias. 

                                                                                                            CEIP de Refoxos.

GRAZAS POR VISITARNOS

Agardamos verte de novo pronto!!

Os nosos traballos

Andaina ao Pozo do Arco

  Despois de traballar duramente na investigación do noso río o Tamuxe, chegou o momento de poder coñecer de primeira man esas aprendizaxes realizadas facendo unha ruta ata o Pozo do Arco. Así fixemos, saímos dende o colexio e fomos descubrindo a natureza e ecosistemas que se crean a carón do río, podendo chegar ao fermoso merendeiro do Pozo do Arco e entrar nos seus muíños, ver a a vella central eléctrica, descubrir pegadas de animais, observar a flora, fauna e minerais que nos fomos atopando polo camiño. E tamén limpar de basura a zona do merendeiro, toda unha experiencia para todo o colexio, que desfrutamos dunha xornada moi apacible para realizar esta andaina tan interesante.

                                                                                 

                                                             16 xuño 2021

focos.gif

ABRIMOS 

Xornada escolar e LUNS E MARTES DE 15:30 A 18:30

Traballos pasados

Captura de pantalla 2021-02-25 a las 22.

DÍA DA MULLER

   Comezamos na semana da ciencia escoitado o testemuño de dúas científicas mulleres e a súa contribución ao mundo da ciencia, valorando a importancia da igualdade entre homes e mulleres, sen destincións de ningún tipo nin en ningún ámbito da vida.

    E continuando con este traballo propoñemos, gracias á colaboración das familias, investigar mediante unha maravillosa lámina 28 mulleres, valoraremos os seus logros e méritos polos que destacaron e merecen ser coñecidas por todos/as.

 

  O oito de marzo rascaremos a lámina para comprobar se as investigacións estiveron ben encamiñadas, asique moito ánimo, que haberá unha flor de regalo nese 8 de marzo para todas e todos os alumnos, valorando a figura doutra formidable muller como Rosalía de Castro.
                                                                                            8 de marzo

AS CREACIÓNS DO ALUMNADO

COMPARTINDO HABILIDADES CON CARLA

Amosando Habilidades. Comecocos

 Gracias OLAYA e CARLA por compartir unhas fabulosas habilidades ao aire libre con todos os vosos compañeiros facendo papiroflexia para crear un xogo tan estupendo como o COMEMCOCOS.

  Os e as compañeiras marcharon con candanseu xogo para enredar todos os días, con algo tan sinxelo e divertido como un cachiño de papel dobrado, coloreado e con pequenas frases, que hai que ir descubrindo coa combinación de números e cores.

   GRACIAS POR COMPARTIRLO CON NÓS.

                                                                             8  de xuño de 2021

HORARIO

   Abrimos en xornada escolar de 9:00 a 14:00 todos os días lectivos e os marte de 15:30 a 17:30.

Os luns e martes tamén en horario de tarde 

De 15:30 a 18:30.

                                                                                            CEIP de Refoxos.

bottom of page