Mira que ben o pasamos
Fixemos un vídeo chulísimo coa música de Mamá Cabra, en Samaín, preme na imaxe para velo, e non te asustes, está cheo de monstros terroríficos.
Papamos castañas, xogamos no patio, gravamos un Libdup terrorífico e o noso taller de máscaras, todo un completo día de traballo.
Estas foron as máscaras que creamos, vaia imaxinación tan monstruosa, que bonitas quedaron todas.
Aquí temos os audios gañadores, nos próximos días subiremos os textos de todos os participantes, MAMASIÑA QUE MEDO!!!!!
A mascota apareceu en forma de fermoso peluche, mira as outras fotos premendo na imaxe
Despois de corzar a banda de inauguracion da biblioteca desfrutamos de todos os recunchos do novo espazo, un contacontos, collemos os novos carnets e levamos un libro. Estreamos o espazo por todo o alto.
Os nosos carnets novos para o primeiro préstamo
Cortamos a cinta de inauguración profesionalmente, que non se diga
E tivemos á contacontos María e Alfonso.
Mira que búsqueda dos dereitos realizamos na biblioteca. Repasamos os dereitos que temos por ser nenos facendo unha búsqueda do decálogo de dereitos que o Papagaio agachou na nosa biblioteca, e asinámolos para comprometernos a conservalos e defendelos, porque tamén aprendemos que non sempre se dan.
O 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, o Papagaio Lois preparou unha xenial colección para ver o importante que é coidarse e eliminar a violencia, sobre todo entre homes e mulleres, e ademais agasallou a todo o alumnado con un laciño símbolo deste día, que agardemos que nun futuro próximo non precisemos realizar.
E tamén fixemos unha exposición fermosísima ideada por Chema Mesias e Mónica recollida no libro "Educación Artística Sensible, que nos expuxemos no descanso das escaleiras curando a violencia, aquí temos os resultados, onde fomos curando todo tipo de violencia cunhas vendas e moitas ideas.
.
Mira que vídeo tan fermoso fixeron en infantil neste día, canto temos que aprender para deixar de ter que conmemorar esta data.
Aquí temos a nosa libro árbore e a fantástica canción de Funambulista, titulada "Hecho con tus sueños, interpretada por todo o alumnado do cole, a cal aproveitamos para facer este fantástico vídeo que resume as manualidades propias desta época do ano. Xa vos desexamos unhas felices festas e próspero aninovo.
.
Para este evento decidimos traballar os valores positivos que ten a paz, recollidos no emblemático símbolo da paz con palabras bonitas. Despois tapámolo con un muro de problemas e malos hábitos que nos impiden diariamente a paz para finalmente derrubalo, simbolizando a nosa víctoria e consecución da PAZ tan necesaria no día a día. Aquí tedes o resultados.